An
aeroplane crashes in the middle of the jungle. The only survivor is a
small boy who is adopted by monkeys. The boy grows up to become Tarzan,
lord of the apes.
Un
avión estrélase no medio da xungla. O único supervivente é un bebé que é
adoptado por uns monos. O neno medra ata se converter en Tarzán, o rei
dos simios.
Así comeza
Tarzan of the Apes (1912), a novela de aventuras do escritor estadounidense
Edgar Rice Burroughs.
Convidado
polo noso Departamento de Inglés, este heroe da xungla deixouse caer o
pasado mércores 26 de marzo polo Fogar, da man da compañía madrileña
Face 2 Face.
Un espectáculo vibrante e cheo de humor, integramente en inglés, que
fixo as delicias dos alumnos e alumnas do 2.º e 3.º ciclos de EP e tamén
dos do 1.º curso de ESO.
Entre
carreiras, zoupadas, brincadeiras, bailes e cancións, coñecemos as
peripecias dun Tarzán algo pasmón, do seu mellor amigo Cheetah, da
intrépida xornalista Jane e do malvado cazador Archie. Iso si, coa
inestimable colaboración dos actores e actrices «da casa». Que arte
sobre o escenario!
Unha experiencia de teatro en inglés que, de seguro, poderemos repetir. It will be fun!