An aeroplane crashes in the middle of the jungle. The only survivor is a small boy who is adopted by monkeys. The boy grows up to become Tarzan, lord of the apes.
Un avión estrélase no medio da xungla. O único supervivente é un bebé que é adoptado por uns monos. O neno medra ata se converter en Tarzán, o rei dos simios.
Así comeza Tarzan of the Apes (1912), a novela de aventuras do escritor estadounidense Edgar Rice Burroughs.
Convidado polo noso Departamento de Inglés, este heroe da xungla deixouse caer o pasado mércores 26 de marzo polo Fogar, da man da compañía madrileña Face 2 Face. Un espectáculo vibrante e cheo de humor, integramente en inglés, que fixo as delicias dos alumnos e alumnas do 2.º e 3.º ciclos de EP e tamén dos do 1.º curso de ESO.
Unha experiencia de teatro en inglés que, de seguro, poderemos repetir. It will be fun!

Entre
carreiras, zoupadas, brincadeiras, bailes e cancións, coñecemos as
peripecias dun Tarzán algo pasmón, do seu mellor amigo Cheetah, da
intrépida xornalista Jane e do malvado cazador Archie. Iso si, coa
inestimable colaboración dos actores e actrices «da casa». Que arte
sobre o escenario!
Unha experiencia de teatro en inglés que, de seguro, poderemos repetir. It will be fun!